Lugo, 4 de Marzo de 2008.
Dende a Fundación Azkar, e a través do club PRONE LUGO AD, informámosvos que durante os próximos meses de Marzo e Abril continuarase no CENTRO DEPORTIVO TERRA có ciclo de xornadas técnicas orientadas ó fútbol sala e dirixidas principalmente a monitores e adestradores desta disciplina deportiva.
Ditas xornadas son totalmente gratuitas e teñen como obxectivo completar a formación de técnicos en diversos ámbitos, imprescindibles para a educación deportiva de todos os mozos que practican deporte en idade escolar.
As xornadas están abertas a tódolos afeccionados ó fútbol sala e a pais e nais de xogadores.
As xornadas divulgarán acerca dos seguintes temas:
XOVES, 13 de MARZO de 2008. 21:15h.
DISTINTOS TIPOS DE COMUNICACIÓN DO ADESTRADOR CÓ XOGADOR
Plácido Sánchez (Psicólogo Azkar Lugo F.S)
VENRES, 28 de MARZO de 2008. 21:15h.
METODOLOXÍA DO TRABALLO DE FORZA NA ÉLITE:
SUPOSTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS EN AULA
Jesús Rey (Preparador Físico Azkar Lugo F.S)
VENRES, 4 de ABRIL de 2008. 21:15h.
SUPOSTO PRÁCTICO TÉCNICO-TÁCTICO
Javier Pardeiro (Adestrador Pescados Rubén Burela F.S.)
VENRES, 11 de ABRIL de 2008. 21:15h.
PREVENCIÓN DE LESIÓNS
Rubén Felpeto (Fisioterapeuta Azkar Lugo F.S.)
VENRES, 18 de ABRIL de 2008: 21:15h
METODOLOXÍA DO TRABALLO DE FORZA NAS CATEGORÍAS INFERIORES DO AZKAR LUGO: SUPOSTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS EN AULA
Xavier López (Preparador Físico Categorías Inferiores Azkar Lugo F.S.)
Adxuntamos un tríptico coa información relativa ás xornadas técnicas.
Agradecendo de antemán a vosa colaboración para difundir este tipo de actos e en espera da vosa participación, reciba un cordial saúdo.
Iván Pico Martínez
Responsable Planificación Fundación Azkar
Teléfono: 650291914
Correo electrónico: planificacion@pronelugoad.com
Páxinas Web: www.pronelugoad.com - www.fundacionazkar.org
Azkar Lugo F.S.
Archivos descargables: